Publicada unha recensión do libro ‘Total Journalism’, de Novos Medios, na revista Journalism & Mass Communication Quarterly

O profesor Maxwell Foxman, da Universidade de Oregón, vén de publicar unha reseña na centenaria e prestixiosa revista Journalism & Mass Communication Quarterly, que edita a AEJMC co profesor Gregory P. Perrault a cargo das recensións. O artigo destaca a aportación ao campo xornalístico do libro Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, publicado por Springer Nature e … Ler máis

As propostas máis exitosas de innovación na televisión pública de Europa protagonizan o libro ‘Innovar en innovación televisiva’ da Cátedra RTVE-USC

Máis de 30 investigadoras e investigadores pertencentes a 14 universidades do contexto español participan no libro Innovar en innovación televisiva, no que se analizan dez casos de innovación exitosos que marcan a liña de actuación dos medios de servizo público en Europa para construír e renovar a súa versión futura. O manuscrito, que forma parte … Ler máis

Un artigo do proxecto Valcomm, premiado polo European Journal of Communication

O European Journal of Communication vén de recoñecer co premio ao Artigo do Ano 2022 o traballo “Distilling the value of public service media: Towards a tenable conceptualisation in the European framework”, firmado por Azahara Cañedo, Marta Rodríguez Castro e Ana María López Cepeda. A investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro, xunto coas compañeiras … Ler máis

Suzana Barbosa analizará en Compostela as tendencias da comunicación na sociedade plataformizada

La profesora Suzana Oliveira Barbosa, del Departamento de Comunicación de la Universidad Federal da Bahía (Brasil), analizará en Santiago, en el marco de una actividad de formación y transferencia organizada por el grupo Novos Medios, las características de la plataformización de la comunicación. Suzana Barbosa, coordinadora del Grupo de Pesquisa em Jornalismo On-Line (GJOL), pronunciará … Ler máis

Carmen Marta falará o día 16 de outubro en Santiago sobre a era TRIC

Carmen Marta Lazo, catedrática de Xornalismo da Universidade de Zaragoza, participará o día 16 de outubro nun seminario de transferencia e formación, organizado polo grupo de investigación Novos Medios, para explicar a importancia do factor R-elacional e Educomunicación na era TRIC. Para Carmen Marta, na década actual, a diferenza da era TIC (Tecnologías da Información … Ler máis

O proxecto VALCOMM recibe o Premio Roblón ao Mellor Proxecto de Investigación de Comunicación do Ano

O proxecto Medios audiovisuais públicos ante o ecosistema das plataformas: modelos de xestión e avaliación do valor público de referencia para España (VALCOMM) recibiu o ‘Premio Roblón ao Proxecto de Investigación de Comunicación do Ano’ concedido pola Revista Latina de Comunicación Social (RLCS) en virtude da súa rigorosidade e contribución á Academia e á sociedade no seu … Ler máis

Pérez Tornero defende en Santiago a necesidade de intensificar as accións de Educomunicación en tempos de desinformación

O catedrático de Xornalismo e experto en televisión educativa José Manuel Pérez Tornero, da Universidade Autónoma de Barcelona, defendeu en Santiago, no marco dunha xornada de divulgación e transferencia do coñecemento organizada polo grupo de investigación Novos Medios (USC), que nestes tempos de desinformación faise máis urxente actuar no campo da Educomunicación. Pérez Tornero destacou … Ler máis

A Revista Latina de Comunicación Social acolle o monográfico “Comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas”, coordinado por José Sixto-García

José Sixto-García, investigador de Novos Medios, xunto coa profesora Ana Melo Duarte, da Universidade do Minho (Portugal), e Pablo Escandón-Montenegro, da Universidade Andina Simón Bolívar (Ecuador), coordinan un monográfico sobre comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas na Revista Latina de Comunicación Social (Q1 de SJR-Scopus). A chamada de artigos está aberta ata … Ler máis

Berta García Orosa, nova catedrática de Xornalismo

A profesora Berta García Orosa ven de gañar unha praza de catedrática no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. García Orosa, licenciada en Ciencias da Comunicación e Ciencias Políticas e da Administración, forma parte do grupo Novos Medios e coordina o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia. Cunha longa … Ler máis

Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto, novos profesores titulares de Xornalismo

Os profesores Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto veñen de conseguir prazas de titular da área de Xornalismo nos concursos celebrados na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela os días 19 e 20 de xullo. Estes tres investigadores, cunha intensa e brillante traxectoria no campo do xornalismo dixital, forman parte do … Ler máis