A profesora María Cruz Negreira Rey promociona a titular de universidade

A investigadora do grupo Novos Medios María Cruz Negreira Rey promocionou a profesora titular de universidade da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade logo da defensa do seu proxecto docente e investigador o pasado 18 de novembro, e tras publicarse o seu nomeamento no BOE o 8 de decembro de 2025.

María Cruz Negreira Rey é membro do grupo Novos Medios dende o 2017 e docente do Departamento de Ciencias da Comunicación dende o 2019. As súas liñas de investigación céntranse no estudo do xornalismo dixital, os medios locais e hiperlocais, as redes sociais e as audiencias.

Máis información: Portal da Investigación