PROXECTO DE XERACIÓN DE COÑECEMENTO (2021)
- Organismo: Ministerio de Ciencia e Innovación
- Programa: Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.
- Referencia: PID2021-122534OB-C21
- Investigador principal 1: Xosé López García
- Investigadora principal 2: Berta García Orosa
- Duración: 3 anos (2022-2025)
Obxectivos
No ámbito dos medios nativos dixitais, presentes de forma global con características e desafíos propios, hai cambios cruciais que se reflicten nas estratexias que adoptan, as competencias profesionais que implican e desenvolven, a relación e o impacto na sociedade e a reformulación da praxe xornalística. Medios nativos dixitais en España: estratexias, competencias, implicación social e (re)definición de prácticas na produción e difusión xornalísticas abordará a singularidade dos medios nativos dixitais, o seu rol na sociedade e a súa evolución nun contexto post-pandemia COVID-19.
Este proxecto deu continuidade á liña de investigación creada polo grupo Infotendencias, que encadeou proxectos de investigación sobre xornalismo dixital centrados nos usos e preferencias informativas no novo mapa de medios español, na innovación e na converxencia dixital nos medios. Esta proposta parte dos resultados previos para afrontar dúas liñas específicas de investigación dos medios nativos dixitais, que se traducen nos seguintes obxectivos:
- Analizar as estratexias editoriais e de implicación social dos medios nativos dixitais. Este obxectivo implica: (a) a identificación de innovacións editoriais, tecnolóxicas e comerciais na produción e difusión xornalísticas; (b) a avaliación de estratexias de implicación social e relación con audiencias, fontes e actores sociais; e (c) a análise dos sistemas de rendición de contas, contribución á pluralidade e á democracia dixital.
- Coñecer as competencias xornalísticas que esixen os medios nativos dixitais. O obxectivo considera: (a) a análise dos perfís xornalísticos; (b) a análise de formatos de alta tecnoloxía e plataformas emerxentes; e (c) a análise de ferramentas para a creación, administración e xestión de contido dixital.
Proxecto coordinado
Medios nativos dixitais en España: tipoloxías, estratexias, competencias e sostibilidade xornalísticas
- Investigador coordinador 1: Xosé López García
- Investigadora coordinadora 2: María del Pilar Martínez-Costa Pérez
- Acrónimo do proxecto coordinado: DIGINATIVEMEDIA
Subproxecto 2 – Medios nativos dixitais en España: tipoloxías, audiencias, construción da confianza e claves para a sostibilidade xornalística
- Investigadora principal 1: María del Pilar Martínez-Costa Pérez
- Investigador principal 2: Ramón Salaverría Aliaga
Dende o sitio web Infotendencias se realizaranse comunicacións puntuais sobre este proxecto.