Recomendacións para o xornalismo de proximidade en Europa: da transparencia á participación do público

A finais de 2025, a WAN-IFRA (World Association of Newspapers and News Publishers) celebrou o seu Local Day con directivos de medios de toda Europa. Aínda que frecuentemente se fala da crise do xornalismo local, o encontro amosou unha narrativa máis positiva baseada na resiliencia. Os líderes reunidos subliñaron que a confianza e o crecemento dependen fortemente da accións que os medios poden desenvolver, máis aló de métricas tecnolóxicas ou da audiencia. Entre as achegas, destacan as seguintes suxestións:

1. A transparencia pode xerar confianza e impulsar subscricións. Como exemplo, a xornalista que lidera Södra Dalarnes Tidning en Suecia compartiu como o seu medio transformou a relación coa audiencia mediante unha cobertura enfocada nas necesidades comunitarias e a apertura do proceso xornalístico, incluso compartindo avances e obstáculos das investigacións en curso.

    2. A visibilidade e a participación directa co público importan máis ca nunca. Segundo un representante da compañía editorial escocesa DC Thomson, saír da redacción axuda a fortalecer a credibilidade e a comprensión mutua, xa que permite escoitar directamente as preocupacións da xente.

    3. O xornalismo como un “círculo cívico”. Os medios como CORRECTIV teñen modelos onde a participación cidadá non é un complemento, senón un eixo para facer investigacións de interese para as comunidades locais, mesmo xerando apoios económicos directos.

    4. A innovación con IA pode multiplicar a produtividade. Casos de redaccións que empregan ferramentas de verificación, transcrición ou xeración de contido con apoio de IA mostran que estas tecnoloxías poden liberar tempo aos xornalistas. Isto é especialmente relevante para un traballo de campo máis amplo que poida dar pé a historias de maior impacto.

    5. A intencionalidade no centro. Se debe delimitar sempre o propósito que hai detrás das iniciativas que se están a discutir. Comunicalo é chave para que a redacción opere de maneira colaborativa.

    En resumo, os participantes no evento da WAN-IFRA coincidiron en que as redaccións locais que prosperan mesturan a conexión comunitaria, a transparencia e o uso estratéxico da tecnoloxía con contidos únicos e relevantes.

    Pódese consultar a peza coas cinco recomendacións e toda a información do evento aquí: https://wan-ifra.org/2025/12/from-community-connection-to-ai-innovation-5-local-day-takeaways/