Rede XESCOM

A Rede Internacional de Investigación da Xestión da Comunicación (XESCOM) está composta por un total de 22 grupos, 5 pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia, 9 colaboradores a nivel nacional e outros 9 de ámbito internacional. Todos os grupos teñen realizado colaboracións en proxectos puntuais con plans de actuación interdisciplinarias.

Entre os integrantes do SUG, a Rede está conformada polo grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela –que exerce as funcións de grupo promotor e coordinación– máis o research group en Marketing Aplicado (iMarka) da Universidade da Coruña, e os grupos Neurocomunicación, Publicidade e Política (Necom), Comunicación Persuasiva (CP2) e Panorama e Desenvolvemento da Tradución en Galicia (TI3) da Universidade de Vigo.

Inmersos no estudo de diversas liñas de investigación enmarcadas dentro da área temática vinculada coa sociedade do coñecemento, en especial no campo do impacto das tecnoloxías nos procesos comunicativos e na súa xestión nos diferentes ámbitos, o labor destes 5 grupos aporta unha perspectiva particular e complementaria na área específica da información e da comunicación. Ademais, a Rede conta con socios a nivel nacional que achegan o seu saber dende diversas disciplinas:

  • Grupo Historia y estructura de la comunicación y del entretenimiento (Universidad Complutense de Madrid)
  • Grupo de investigación en Sociología de la Comunicación (Universidad de Castilla-La Mancha)
  • Mc2. Métodos cuantitativos para la medición de la cultura (Universitat de València)
  • ESEIS. Estudios Sociales e Intervención Social (Universidad de Huelva)
  • Acrópolis. Análisis de Contenido de Recursos para la Organización y Políticas de Información hacia la Sociedad del Conocimiento (Universidad Carlos III de Madrid)
  • Research and learning of Media and Communication Management (Universidad Complutense de Madrid)
  • GEPYC. Grupo de Estudio sobre Periodismo y Comunicación (Universidad de Málaga)
  • Grupo de Comunicación Estratégica (Universidad CEU San Pablo de Madrid)
  • CECABLE. Centre d’Estudis sobre el Cable

 

Por último, e no seu afán de globalización e internacionalización, a Rede conta con socios da rexión iberoamericana cos que xa existe una tradición de participación conxunta noutros proxectos anteriores:

  • Pontificia Universidad Católica del Ecuador-Sede Ibarra (PUCE-SI), mediante a súa Escola de Comunicación Social
  • Universidad Técnica Particular de Loja, coa Escola de Comunicación Social e de Administración de Empresas (Ecuador)
  • Universidad Autónoma de Tamaulipas, a través do Grupo Disciplinario “Medios y Sociedad” (México)
  • Universidade das Açores, co Departamento de Línguas e Literaturas Modernas (Portugal)
  • Universidade do Minho, coa participación do grupo Média e Jornalismo (Portugal)
  • Universidade Fernando Pessoa (Portugal)
  • Universidade Nova de Lisboa, a través do Digital. Center for Research in Communication, Information and Digital Culture (Portugal)
  • Universidade do Porto (Portugal)
  • International Media Management Academic Association (IMMAA), como entidade colaboradora e asociada da dinamización dos proxectos

Obxectivo, interdisciplinariedade e coherencia da Rede

A Rede postúlase como obxectivo central crear nexos de unión que, a partires do grupo promotor –Novos Medios– investiguen na área temática vinculada coa sociedade da información, en xeral, e coa xestión da comunicación, en particular. De feito, todos os grupos que integran XESCOM desenvolven a súa actividade investigadora arredor destes campos, especializándose en liñas de estudo que se complementan e retroalimentan entre si.

Neste senso, os diversos integrantes da Rede están inmersos na observación dos cambios que a era dixital, coa creación de novas tecnoloxías e espazos virtuais para o intercambio de información e coñecemento, instaurou nos procesos comunicativos.

Obxectivos específicos

Para o período 2016-2018, a Rede Internacional de Investigación da Xestión da Comunicación, no seu obxectivo de sindicar esforzos entre os grupos de investigación do sistema universitario galego participantes e a colaboración cos outros grupos doutros ámbitos españois e internacionais, así como na busca de apoios mutuos tanto periódicos como puntuais nos proxectos en marcha e noutros que se poden acometer, márcase os seguintes propósitos de carácter científico-tecnolóxico:

  1. Consolidar e continuar o labor de cooperación dos grupos promotores desenvolvida na etapa anterior (2014-2015). A tal efecto, proponse analizar a posibilidade de estreitar os lazos de colaboración, interrelación, coordinación e coherencia na integración das liñas de investigación dos research groups que compoñen a Rede.
  2. Incrementar as accións internas e externas (internacionalización) co fin de reforzar as sinerxías dos grupos de investigación membros da Rede, así como aproveitar a relación cos colaboradores asociados para fortalecer os de carácter nacional e internacional.
  3. Continuar e ampliar os proxectos de investigación promovidos polos grupos promotores (Novos Medios, iMarka, Necom, CP2 e TI3) no último período e impulsar outros novos, que se materializan nas seguintes iniciativas:
    • Deseño, organización e elaboración do Barómetro de Xestión da Comunicación –sondaxe a empresas de comunicación de España, cuxos resultados foron publicados en varias revistas indexadas en JCR, como El Profesional de la Información.
    • Estudo e análise do nivel de emprego das redes sociais xeralistas e científicas por parte dos investigadores e universidades españolas.
  4. Continuar e sensibilizar sobre plans para a formación dos investigadores integrados nos grupos que conforman a Rede XESCOM.
  5. Continuar coa difusión dos resultados da investigación a través da coordinación de números monográficos en revistas WOS e Scopus, así como coa edición de libros.