PROXECTO DE I+D+I DO PROGRAMA ESTATAL DA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA E TÉCNICA DE EXCELENCIA – SUBPROGRAMA ESTATAL DE XERACIÓN
- Organismo: Ministerio de Economía e Competitividade
- Referencia: CSO2015-66543-P
- Investigador principal 1: Francisco Campos Freire
- Investigador principal 2: Miguel Túñez López
- Duración: 3 anos (2016-2018)
- Acrónimo: RTV2025
- Forma de citar este proxecto: “Indicadores de gobernanza, financiación, rendición de contas, innovación, calidade e servizo público das RTV europeas aplicables a España no contexto dixital” (Referencia CSO2015-66543-P) do Programa estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia, subprograma estatal de Xeración de Coñecemento do Ministerio de Economía e Competitividade de España, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
Identificar, estudar e catalogar un marco de indicadores sintéticos de gobernanza, financiación, rendición de contas, innovación, calidade e valor do servizo público audiovisual con respecto ao novo ecosistema dixital, a partir de investigacións e experiencias de outros países europeos, de utilidade para a configuración da xestión da radiotelevisión pública de España no contexto da converxencia e transición tecnolóxica actual. Abórdase a reconfiguración do servizo audiovisual público que se está plantexando no contexto da transformación e transición dixital por parte de investigadores, políticas de regulación e estratexias da UE, dos Estados e das propias corporacións encargadas desta encomenda.