
PROXECTO DE XERACIÓN DE COÑECEMENTO (2024) – CONCESIÓN PROVISIONAL
- Organismo: Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
- Programa: Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2024-2027
- Referencia: PID2024-156034OB-C22
- Investigadora principal 1: Berta García Orosa
- Investigador principal 2: Jorge Vázquez Herrero
- Duración: 4 anos (2025-2029)
- Acrónimo do proxecto coordinado: NEXTDIGIMEDIA
Obxectivos
O obxectivo xeral de NEXTDIGIMEDIA é levar a cabo unha análise detallada e sistemática dos procesos de adopción da IA nos medios dixitais, co fin de comprender as súas implicacións xornalísticas, económicas e sociais, e propoñer escenarios futuros plausibles. O proxecto dá continuidade á liña de investigación do grupo Infotendencias, que encadeou proxectos de investigación sobre xornalismo dixital centrados en usos e preferencias informativas no novo mapa de medios español, innovación, converxencia dixital e análise dos medios nativos dixitais.
Os obxectivos específicos de NEXTDIGIMEDIA a desenvolver pola USC concrétanse en dous bloques:
Implicacións e efectos da implementación da intelixencia artificial no xornalismo
- Avaliar a evolución das estratexias e formatos nos medios dixitais baixo a influencia da intelixencia artificial.
- Analizar os efectos da intelixencia artificial na produción de contidos informativos, a súa distribución e as actividades profesionais.
- Analizar os efectos da intelixencia artificial nas audiencias desde unha perspectiva xornalística.
Examinar o papel dos medios nos sistemas democráticos
- Caracterizar o discurso colectivo sobre os medios, os xornalistas e a intelixencia artificial.
- Analizar a praxe na participación das audiencias de medios dixitais.
- Avaliar a percepción do papel do xornalismo na democracia no contexto da intelixencia artificial.
- Deseñar modelos de intervención dos usuarios en medios dixitais mediante o etiquetado de recursos utilizando big data e a produción de contramarcos.
Proxecto coordinado
Intelixencia artificial en medios dixitais en España: modelos e escenarios
- Subproxecto 1 – Universidad de Navarra
- Investigador coordinador 1: Ramón Salaverría Aliaga
- Investigador coordinador 2: Alfonso Vara Miguel
- Web do proxecto
Intelixencia artificial en medios dixitais en España: efectos e roles
- Subproxecto 2 – Universidade de Santiago de Compostela
- Investigadora principal 1: Berta García Orosa
- Investigador principal 2: Jorge Vázquez Herrero
Desde o sitio web Infotendencias realizaranse comunicacións puntuais sobre este proxecto.
Resultados