Carlos A. Scolari impartirá a conferencia ‘Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emerxencia das IA’

O vindeiro 15 de outubro, ás 13:00 horas, a Universidade de Santiago de Compostela acollerá a conferencia Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emerxencia das IA, impartida por Carlos A. Scolari, catedrático de Teoría e Análise da Comunicación Dixital Interactiva no Departament de Comunicació da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). A sesión, organizada polo … Ler máis

Efervesciencia recibirá o premio Prismas 2026 á divulgación científica en radio

O programa radiofónico Efervesciencia, proxecto da USC, foi recoñecido co Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2026 na categoría de Mellor Traballo en Radio pola peza Calvet en bicicleta, realizada por Manuel Vicente García, César Martínez Pérez, Rosa Pedrido Castiñeiras, Estíbaliz Espinosa Río e Juan José Fernández Gómez. O xurado acordou o recoñecemento “por … Ler máis

Ignacio Lago impartirá unha conferencia sobre inferencia causal o 21 de setembro

O vindeiro 21 de setembro impartirase a conferencia Los efectos indirectos del nacimiento de un nieto en la participación política de los abuelos, que terá lugar na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, ás 12:30 horas. A sesión contará coa presenza de Ignacio Lago, catedrático de Ciencia Política na Universitat … Ler máis

Xosé Pereira Fariña, elixido novo coordinador do grupo de investigación Novos Medios

O profesor do departamento de CC. da Comunicación releva a Xosé López á fronte do equipo tras recibir o apoio unánime dos integrantes que participaron na votación O profesor Xosé Pereira Fariña foi elixido novo coordinador do grupo de investigación Novos Medios, posto no que substitúe o profesor Xosé López. A elección produciuse co apoio … Ler máis

O libro ‘TikTok Journalism’ ofrece unha mirada internacional sobre a información, os medios e os xornalistas no tempo das plataformas e do vídeo curto

O libro TikTok Journalism: News, Media, and Journalists in the Short Video Era vén de publicarse coa editorial Peter Lang. Trátase dunha obra colectiva que recompila investigacións e perspectivas internacionais sobre a evolución e os desafíos da información e do xornalismo en TikTok. TikTok converteuse nunha plataforma cada vez máis central no panorama mediático contemporáneo, transformando … Ler máis

O investigador Noel Pascual Presa recibe o primeiro premio Ícarus 2026 de transferencia e innovación

O galardón recoñece o potencial de transferencia do proxecto Plan de comunicación en materia de saúde pública para o caso do gas radón en Galicia, desenvolvido a partir da súa tese de doutoramento sobre a comunicación do risco do radon. O investigador Noel Pascual Presa, membro do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de … Ler máis

César Fieiras publica un libro sobre innovación, intelixencia artificial e a transformación dos medios

O investigador do grupo Novos Medios César Fieiras Ceide vén de publicar o libro IA, innovación y medios. 150 entrevistas para comprender el cambio, editado por Tirant Humanidades e dispoñible en acceso aberto. A obra analiza como a innovación, a intelixencia artificial e a experiencia de usuario están a reconfigurar o ecosistema mediático a partir dun traballo … Ler máis

Investigadores de NEXTDIGIMEDIA coordinan un monográfico en Media and Communication sobre democracia deliberativa e xornalismo baixo a influencia da IA

Os investigadores principais na USC do proxecto NEXTDIGIMEDIA (PID2024-156034OB-C22) –e membros de Novos Medios– Berta García Orosa e Jorge Vázquez Herrero coordinan xunto a Tomás Dodds (Public Tech Media Lab, University of Wisconsin-Madison) o próximo número especial da revista Media and Communication titulado “Reconceptualización da democracia deliberativa e o xornalismo nas esferas públicas mediadas pola IA”. Este número … Ler máis

O profesor Carlos Arcila imparte un seminario sobre xestión de datos na investigación

O grupo de investigación Novos Medios organizou o pasado 25 de maio un seminario centrado na xestión e análise de grandes volumes de datos no ámbito da investigación en Comunicación, unha cuestión cada vez máis relevante no actual ecosistema dixital. A sesión foi impartida por Carlos Arcila Calderón, catedrático da Universidade de Salamanca (USAL) e … Ler máis

Novos Medios participa con 16 comunicacións no X Congreso Internacional da AE-IC

Do 19 ao 22 de maio, o grupo Novos Medios desprazouse a Pontevedra, sede do X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC). Baixo o título Comunicar en la incertidumbre, o maior evento científico de España no ámbito da Comunicación reuniu a máis de 450 investigadores e investigadoras neste punto de encontros, … Ler máis