O libro ‘TikTok Journalism’ ofrece unha mirada internacional sobre a información, os medios e os xornalistas no tempo das plataformas e do vídeo curto

O libro TikTok Journalism: News, Media, and Journalists in the Short Video Era vén de publicarse coa editorial Peter Lang. Trátase dunha obra colectiva que recompila investigacións e perspectivas internacionais sobre a evolución e os desafíos da información e do xornalismo en TikTok. TikTok converteuse nunha plataforma cada vez máis central no panorama mediático contemporáneo, transformando … Ler máis

César Fieiras publica un libro sobre innovación, intelixencia artificial e a transformación dos medios

O investigador do grupo Novos Medios César Fieiras Ceide vén de publicar o libro IA, innovación y medios. 150 entrevistas para comprender el cambio, editado por Tirant Humanidades e dispoñible en acceso aberto. A obra analiza como a innovación, a intelixencia artificial e a experiencia de usuario están a reconfigurar o ecosistema mediático a partir dun traballo … Ler máis

A profesora experta en comunicación medioambiental Maite Mercado visita o equipo ADS de Novos Medios

A profesora Maite Mercado, investigadora da Universitat de València e recoñecida experta en comunicación medioambiental, incorporouse recentemente como investigadora visitante ao equipo ADS (Culturas algorítmicas, ecoloxías de datos e medios sintéticos) do Grupo de Investigación Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela. A súa estancia desenvólvese no marco do proxecto DataECO (ATR2024-154984), financiado a … Ler máis

A revista Miguel Hernández Communication Journal publicará un monográfico sobre xornalismo alta tecnoloxía editado por membros de Novos Medios

A Miguel Hernández Communication Journal abre unha chamada de artigos que invita a explorar un dos grandes retos do ecosistema mediático actual: a integración de tecnoloxías disruptivas nas redaccións e as súas implicacións profesionais e éticas para o xornalismo. Desde a irrupción de ferramentas como ChatGPT pasando polo xornalismo inmersivo, o uso de drons ou … Ler máis

A revista Media & Jornalismo abre unha chamada de artigos para investigacións sobre a “Construción da audiencia algorítmica”

A revista científica Media & Jornalismo, publicada polo ICNOVA – NOVA Communication Institute, abriu unha nova convocatoria de artigos para o seu volume 26, número 49 (2026), titulada “Building the Algorithmic Audience: Shifting Paradigms in Communications, Media, and Democracy”, dedicada a analizar como os algoritmos están a transformar a conceptualización e a construción das audiencias … Ler máis

Digital Journalism publicará un monográfico sobre o xiro audiovisual no xornalismo dixital coordinado por investigadores de Novos Medios

  A prestixiosa revista Digital Journalism publicará o número monográfico Operationalising the Audiovisual Turn in Digital Journalism, co fin de reunir investigacións punteiras que contribúan a comprender mellor como a produción, a circulación e o consumo de contidos xornalísticos están a transformarse nun ecosistema dominado polos formatos audiovisuais e, especificamente, nas plataformas de medios sociais. … Ler máis

Tania Fernández, Miguel Túñez e Madalena Oliveira coordinan ‘El audio del futuro en los medios de servicio público’

O libro colectivo El audio del futuro en los medios de servicio público ofrece unha reflexión coral e multidisciplinar sobre a profunda transformación que atravesan os medios sonoros no contexto da chamada era da audificación. Coordinado por Tania Fernández Lombao, Miguel Túñez López e Madalena Oliveira, o volume sitúa o audio no centro das estratexias … Ler máis

O grupo Novos Medios organiza seminarios de formación para os seus investigadores

O grupo de investigación Novos Medios, no marco do plan de consolidación e en colaboración co proxecto NEXTDIGIMEDIA, organiza dous seminarios formativos para os seus membros e a comunidade universitaria.   O 14 de xaneiro celebrarase o seminario de formación titulado A integración da perspectiva de xénero na investigación e xestión de datos persoais, impartido … Ler máis

Investigadores de Novos Medios coordinan o informe da APG sobre a innovación na comunicación en Galicia

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentou en Santiago o número 10 da revista Comunica, que recolle o informe “O estado da innovación na comunicación en Galicia”, un documento que analiza os principais retos e oportunidades do sector nun contexto marcado pola transición dixital e a intelixencia artificial. O estudo foi liderado polo profesor … Ler máis

Xornalismo aumentado, unha nova ollada á IA nas redaccións con Carl-Gustav Lindén

O grupo Novos Medios organiza un encontro co investigador Carl-Gustav Lindén arredor do concepto de xornalismo aumentado, unha nova perspectiva para comprender e debater o papel da intelixencia artificial no xornalismo contemporáneo. O seminario celebrarase o 30 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de … Ler máis