O grupo Novos Medios organiza un encontro co investigador Carl-Gustav Lindén arredor do concepto de xornalismo aumentado, unha nova perspectiva para comprender e debater o papel da intelixencia artificial no xornalismo contemporáneo.
O seminario celebrarase o 30 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A participación é libre e gratuíta, mais require inscrición previa a través desta ligazón.
Carl-Gustav Lindén é catedrático na Universitetet i Bergen (Noruega). A súa investigación explora a relación entre o xornalismo e a tecnoloxía, cun foco especial na interacción entre persoas e máquinas. O seu enfoque científico destaca pola colaboración interdisciplinaria e internacional, integrando coñecementos de informática, lingüística de datos, deseño e investigación empresarial.
