A xornada de traballo ‘Debates actuais do xornalismo dixital’ terá lugar o día 10 de outubro

O grupo Novos Medios organiza o venres 10 de outubro unha xornada de traballo titulada Debates actuais do xornalismo dixital. Aproximación conceptual ao que entendemos hoxe por medio xornalístico.

Trala entrada en vigor do Regulamento que estabelece un marco común para os servizos de medios de comunicación na Unión Europea, xunto cunha definición de medio, cómpre coñecer mellor as opinións e valoracións de expertos no sector, como académicos, representantes de organizacións de medios de comunicación e xornalistas. Neste sentido celebrarase un grupo focal con membros destes tres colectivos.

Ás 12 horas na sala de Doutoramento haberá unha reunión pública, á que están convidados todos os investigadores de Novos Medios, cos profesores da Universidad de Málaga Miguel de Aguilera e Francisco Javier Paniagua. O obxectivo é tamén intercambiar impresións sobre Desafíos da investigación en Comunicación e Xornalismo na Universidade española actual.