Marc Marginedas analizará os desafíos do xornalismo ante a Rusia de Putin o próximo 19 de novembro

O xornalista e correspondente de guerra Marc Marginedas ofrecerá unha conferencia o vindeiro 19 de novembro ás 10.00 horas no Visionado 1, nunha sesión organizada polo profesor Martín Vaz. Baixo o foco da Rusia de Vladimir Putin e dos seus imitadores, Marginedas abordará o que el mesmo define como «un desafío sen parangón para a profesión xornalística». … Ler máis

0 comments

Natasha Bachini impartirá un seminario sobre discursos de odio e eleccións

Do 9 ao 13 de novembro de 2026, o grupo Novos Medios contará coa visita de Natasha Bachini, socióloga, profesora acreditada e investigadora da Universidade de São Paulo (USP). Especializada en métodos computacionais aplicados ao estudo da comunicación política, os discursos de odio e as campañas electorais, a súa investigación analiza a relación entre as … Ler máis

Emiliano Treré, investigador de Novos Medios, participa nun encontro do presidente do Goberno con beneficiarios do programa ATRAE

O investigador do grupo Novos Medios foi recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dentro dunha delegación de investigadores do programa ATRAE. Nun acto oficial, no que tamén estaba ministra de Ciencia, Innovación y Universidades, Treré compartiu os primeiros avances do proxecto DataECO, que se desenvolve na Universidade de Santiago de Compostela, así como un exemplar … Ler máis


Proxectos en execución

Intelixencia artificial en medios dixitais en España: efectos e roles
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (PID2024-156034OB-C22)
2025–2029

Medios de comunicación públicos abertos na era da intelixencia artificial: valor público, sociedade inclusiva e innovación ecosistémica
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (PID2024-160337OB-I00)
2025–2028

Creación dunha plataforma xeradora de chatbots mediante IA para a comunicación do valor público do PSM
Ministerio de Ciencia e Innovación (PDC2023-145885-I00)
2024–2025

Hub rexional do European Digital Media Observatory
(DIGITAL-2023-DEPLOY-04; IBERIFIER Plus – 101158511)
2024–2026

Investigación e transferencia

Emerxentes
Analizamos e desenvolvemos estratexias, retóricas e formatos tecnolóxicos para mercados emerxentes na comunicación e na divulgación científica.

Políticas
Contribuímos a coñecer a evolución das políticas públicas en relación ao sector da comunicación e introducimos suxestións e análises para a toma de decisións.

Industria
Analizamos as industrias culturais, cooperamos na implementación de novas culturas dixitais nas empresas e entidades.

Innovación
Traballamos en ámbitos punteiros da relación entre a tecnoloxía e a comunicación: desde a arquitectura da información ata a creación de formatos narrativos innovadores para a comunicación interactiva.

Solvencia
Somos un grupo de investigación con máis de vinte anos de traxectoria no sector da comunicación e das TIC, traballando en investigación e a súa aplicación con empresas e o terceiro sector.