
O investigador do grupo Novos Medios foi recibido polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dentro dunha delegación de investigadores do programa ATRAE. Nun acto oficial, no que tamén estaba ministra de Ciencia, Innovación y Universidades, Treré compartiu os primeiros avances do proxecto DataECO, que se desenvolve na Universidade de Santiago de Compostela, así como un exemplar do seu premiado libro Algoritmos de resistencia: la lucha diaria contra el poder de las plataformas.
Este proxecto afonda no activismo dixital e a resistencia algorítmica a nivel internacional. Ademais, explora as solucións e alternativas propostas por varios actores (corporativos, institucionais, políticos, activistas…) para analizar como se constrúen e negocian os límites da computación en relación coa finitude planetaria. DataECO adopta un enfoque comparativo (España, Italia, Chile e Irlanda), cualitativo e profundo que combina etnografía dixital, realización de entrevistas e análise de arquivos e contidos.
DataECO desenvólvese no seo do grupo de investigación Novos Medios e do IDEGA, da Universidade de Santiago de Compostela.