César Fieiras publica un libro sobre innovación, intelixencia artificial e a transformación dos medios

O investigador do grupo Novos Medios César Fieiras Ceide vén de publicar o libro IA, innovación y medios. 150 entrevistas para comprender el cambio, editado por Tirant Humanidades e dispoñible en acceso aberto. A obra analiza como a innovación, a intelixencia artificial e a experiencia de usuario están a reconfigurar o ecosistema mediático a partir dun traballo de campo desenvolvido entre 2019 e 2025, no que o autor realizou máis de 150 entrevistas con profesionais de medios de comunicación de máis de trinta países, corpus principal sobre o que se constrúe o volume. O libro conta cun prólogo de Charlie Beckett, profesor de Xornalismo no Departamento de Medios e Comunicacións da London School of Economics and Political Science (LSE) e director do proxecto Polis JournalismAI.

A partir destas voces, o libro ofrece unha lectura comparada e aplicada sobre os cambios que atravesan as organizacións mediáticas e sobre as decisións coas que están a construír a súa versión futura. O corpus inclúe persoas vinculadas á dirección editorial, á innovación, á estratexia, ao produto, á tecnoloxía, aos datos e ao traballo diario das redaccións.

A publicación traslada a un formato narrativo, accesible e con vocación de transferencia parte do percorrido investigador desenvolvido polo autor nos últimos anos, recollido previamente na súa tese doutoral e en máis de 100 contribucións académicas, entre artigos científicos, capítulos de libro e participacións en congresos. O obxectivo é achegar este coñecemento a profesionais do sector, alumnado de Comunicación e persoas interesadas nas transformacións actuais dos medios, mantendo o rigor académico e unha orientación aplicada.

O libro aborda cuestións como as prioridades de innovación das empresas mediáticas, os modelos de organización da innovación, os perfís que lideran estes procesos, os usos actuais da intelixencia artificial, os seus efectos nas rutinas e nos perfís profesionais, a gobernanza dos proxectos de IA, os fluxos de implementación, os medios sintéticos integrais, os límites éticos e legais da automatización, a personalización, a experiencia de usuario, os contornos inmersivos e a relación dos medios coas audiencias novas.

A obra intégrase no marco das liñas de investigación de Novos Medios sobre innovación, intelixencia artificial, transformación dixital, medios de servizo público, experiencia de usuario e evolución dos modelos profesionais e organizativos do xornalismo.

O libro está dispoñible en acceso aberto e pode descargarse na seguinte ligazón: https://minerva.usc.gal/entities/publication/41f849c8-3e6c-4bab-8009-d8bc1afed8a7


Índice da obra

Prólogo
¿Por qué necesitamos saber qué está pasando con el periodismo y la IA?, por Charlie Beckett

Introducción y método

Bloque 1. ¡Piense quien pueda! (dentro de la rueda)
Capítulo 1. ¿Dónde están innovando los medios de comunicación hoy?
Capítulo 2. ¿Cómo se organiza la innovación en los medios?
Capítulo 3. ¿Quién lidera los procesos de innovación en las empresas informativas?

Bloque 2. La inteligencia artificial en el corazón del cambio. Transformación tecnológica, equipos, dilemas y proyecciones
Capítulo 4. ¿Qué está cambiando realmente la IA en los medios de comunicación?
Capítulo 5. ¿En qué están usando la IA los medios hoy?
Capítulo 6. ¿Cómo está afectando la IA a los perfiles y rutinas profesionales en los medios?
Capítulo 7. ¿Quién gestiona los proyectos de IA en los medios?
Capítulo 8. ¿Cómo se implementa la IA en la práctica? Dinámicas y flujos de implementación en las redacciones
Capítulo 9. ¿Qué viene después? Previsiones de implementación y avance de IA en los medios de comunicación
Capítulo 10. ¿Y si los medios funcionaran sin periodistas? Lógica de los primeros medios sintéticos integrales
Capítulo 11. ¿Dónde trazamos los límites? Marco ético-legal y límites operativos para la implementación de IA en los medios

Bloque 3. Redefiniendo la experiencia de usuario. Personalización, inmersión, nuevas audiencias
Capítulo 12. ¿Cómo se está transformando la experiencia de usuario en los medios?
Capítulo 13. ¿En la tierra o en el metaverso?
Capítulo 14. ¿Los jóvenes verán la televisión en el salón?

Bloque 4. ¿Hacia dónde vamos?
Capítulo 15. ¿Cómo será el ecosistema mediático en 5 años?
Capítulo 16. ¿Y una pregunta para mí?