Marc Marginedas analizará os desafíos do xornalismo ante a Rusia de Putin o próximo 19 de novembro

O xornalista e correspondente de guerra Marc Marginedas ofrecerá unha conferencia o vindeiro 19 de novembro ás 10.00 horas no Visionado 1, nunha sesión organizada polo profesor Martín Vaz. Baixo o foco da Rusia de Vladimir Putin e dos seus imitadores, Marginedas abordará o que el mesmo define como «un desafío sen parangón para a profesión xornalística».

Ata 2022, foi correspondente de El Periódico en Moscova e, ao longo de máis de vinte anos de traxectoria, cubriu conflitos internacionais en países como Alxeria, Chechenia, Darfur, Iraq, Afganistán ou o Líbano, ademais das revolucións árabes. É autor de Periodismo en el campo de batalla (RBA, 2012) e de Rusia contra el mundo (Península, 2025), unha investigación sobre o papel de Rusia como actor desestabilizador no escenario global.

Ao longo da súa carreira recibiu diversos recoñecementos, entre eles o Premio Cirilo Rodríguez (2013), o Premio Nacional de Comunicación (2013) e o Premio Luka Brajnovic (2019).

Deixa un comentario