Fabiana Piccinin presentará as liñas de investigación sobre narrativas e plataformas do GENAJOR-UFSC

O grupo Novos Medios recibe a visita da investigadora Fabiana Piccinin, Bolsista Produtividade (CNPQ) da Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e integrante do Grupo de Estudos sobre Narrativas Audiovisuais Jornalísticas (GENAJOR).

A profesora Piccinin compartirá as súas reflexións nun seminario sobre os enfoques contemporáneos na investigación das narrativas xornalísticas e as transformacións que introducen as plataformas dixitais, cunha mirada dende os estudos que desenvolven na súa institución. O encontro será o 5 de novembro de 2025, ás 17 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

A inscrición está aberta a docentes, investigadores, estudantes e profesionais da Comunicación a través desta ligazón.

Screenshot