A profesora Maite Mercado, investigadora da Universitat de València e recoñecida experta en comunicación medioambiental, incorporouse recentemente como investigadora visitante ao equipo ADS (Culturas algorítmicas, ecoloxías de datos e medios sintéticos) do Grupo de Investigación Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
A súa estancia desenvólvese no marco do proxecto DataECO (ATR2024-154984), financiado a través do programa ATRAE da Agencia Estatal de Investigación, no que participa tamén como membro do seu Comité Asesor. No marco desta colaboración, participará no desenvolvemento de análises sobre a cobertura mediática da construción de centros de datos, prestando especial atención ás narrativas xornalísticas, ás aproximacións de xornalismo de solucións e aos desafíos ambientais asociados ás infraestruturas dixitais.
A súa estadía contribúe tamén a reforzar as liñas de investigación do equipo ADS e a consolidar o proxecto DataECO (ATR2024-154984) como un espazo de referencia para o estudo das interseccións entre tecnoloxía, medio ambiente e comunicación.
