A Miguel Hernández Communication Journal abre unha chamada de artigos que invita a explorar un dos grandes retos do ecosistema mediático actual: a integración de tecnoloxías disruptivas nas redaccións e as súas implicacións profesionais e éticas para o xornalismo.
Desde a irrupción de ferramentas como ChatGPT pasando polo xornalismo inmersivo, o uso de drons ou o blockchain, o uso de alta tecnoloxía reconfigura as redaccións de xeito profundo. Este número especial busca reunir investigacións que analicen estas transformacións, poñendo o foco non só na innovación, senón tamén na responsabilidade e nos desafíos éticos que conleva.
O monográfico está coordinado por Beatriz Gutiérrez Caneda, Jorge Vázquez Herrero e João Canavilhas. A data límite de recepción de artigos é o 1 de outubro do 2026 e o envío pode realizarse a través da plataforma da revista. Máis información na web da revista.