O grupo Novos Medios recibe a visita de Carlos Elías Pérez, catedrático de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid, e de Uxía Carral Vilar, profesora de Xornalismo na mesma institución.
Ambos especialistas compartirán o seu coñecemento no seminario titulado “O impacto da IA no xornalismo e na comunicación na era da desinformación”, no que abordarán o uso de ferramentas de intelixencia artificial aplicadas á investigación científica en Comunicación. Durante a sesión analizaranse as oportunidades e os desafíos que presenta a IA no contexto actual, especialmente en relación coa produción, xestión e verificación da información.
O encontro terá lugar o 27 de abril, ás 17 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade está dirixida a docentes, persoal investigador, estudantado e profesionais interesados no ámbito da comunicación e das novas tecnoloxías. A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición a través desta ligazón ou escaneando o código QR que aparece na imaxe.
