Investigadores de Novos Medios coordinan o informe da APG sobre a innovación na comunicación en Galicia

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentou en Santiago o número 10 da revista Comunica, que recolle o informe “O estado da innovación na comunicación en Galicia”, un documento que analiza os principais retos e oportunidades do sector nun contexto marcado pola transición dixital e a intelixencia artificial.

O estudo foi liderado polo profesor Francisco Campos Freire e coordinado polas investigadoras de Novos Medios Tania Fernández Lombao e Marta Rodríguez Castro, así como polo xornalista da APG Alberto Barciela Castro, e contou coa participación de máis de 20 firmas de profesionais de distintos sectores das Industrias da Comunicación e da Cultura.

O acto de presentación foi presidido polo conselleiro de Cultura , Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, e contou coa presencia do director institucional territorial noroeste do Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño, da presidenta da APG, María Méndez, e do director do informe, Francisco Campos Freire, a coordinadora Marta Rodríguez Castro e o asesor Alberto Barciela Campos.

O informe, elaborado pola APG en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e o Banco Sabadell, pode consultarse íntegro aquí.