Xa está dispoñible o informe sobre España do Media Capture Monitoring Report 2025, que analiza o nivel de cumprimento co Regulamento Europeo de Liberdade de Medios no contexto español. Este informe forma parte da serie global de Media Capture Monitoring Reports elaborados polo International Press Institute (IPI) xunto co Media and Journalism Research Center (MJRC) e supón a primeira edición específica para España, centrada en analizar como diferentes formas de interferencia política, económica e regulatoria están a afectar ao funcionamento independente dos medios de comunicación no marco da Unión Europea.
A edición española deste informe foi elaborada polos investigadores de Novos Medios Marta Rodríguez Castro, Martín Vaz Álvarez, Tania Fernández Lombao e César Fieiras Ceide.
O informe íntegro pódese consultar na web do International Press Institute: https://ipi.media/spain-media-capture-monitoring-report-2025/
