O proxecto DataEco organiza o seminario ‘Entre algoritmos. Encontros etnográficos na era sintética’ o próximo 4 de marzo

O proxecto DataEco celebra o seu primeiro evento oficial co seminario Entre algoritmos. Encontros etnográficos na era sintética. Impartido polos investigadores Emiliano Treré e Ezequiel Soriano, o encontro exponse como un espazo de reflexión crítica sobre a investigación social de, con e a través de algoritmos. Introduciranse as liñas xerais do proxecto DataEco e exploraranse … Ler máis

Digital Journalism publicará un monográfico sobre o xiro audiovisual no xornalismo dixital coordinado por investigadores de Novos Medios

  A prestixiosa revista Digital Journalism publicará o número monográfico Operationalising the Audiovisual Turn in Digital Journalism, co fin de reunir investigacións punteiras que contribúan a comprender mellor como a produción, a circulación e o consumo de contidos xornalísticos están a transformarse nun ecosistema dominado polos formatos audiovisuais e, especificamente, nas plataformas de medios sociais. … Ler máis

Carlos Arcila impartirá un seminario sobre técnicas de xestión de datos o 25 de maio

O grupo de investigación Novos Medios recibe a visita de Carlos Arcila Calderón, catedrático da Universidade de Salamanca (USAL) e membro do Observatorio dos Contidos Audiovisuais (OCA). O profesor Arcila Calderón, especialista en metodoloxías dixitais aplicadas á investigación en Comunicación, compartirá as súas achegas no seminario Técnicas de xestión de grandes cantidades de datos para … Ler máis

Tania Fernández, Miguel Túñez e Madalena Oliveira coordinan ‘El audio del futuro en los medios de servicio público’

O libro colectivo El audio del futuro en los medios de servicio público ofrece unha reflexión coral e multidisciplinar sobre a profunda transformación que atravesan os medios sonoros no contexto da chamada era da audificación. Coordinado por Tania Fernández Lombao, Miguel Túñez López e Madalena Oliveira, o volume sitúa o audio no centro das estratexias … Ler máis

O grupo Novos Medios organiza seminarios de formación para os seus investigadores

O grupo de investigación Novos Medios, no marco do plan de consolidación e en colaboración co proxecto NEXTDIGIMEDIA, organiza dous seminarios formativos para os seus membros e a comunidade universitaria.   O 14 de xaneiro celebrarase o seminario de formación titulado A integración da perspectiva de xénero na investigación e xestión de datos persoais, impartido … Ler máis

Investigadores de Novos Medios coordinan o informe da APG sobre a innovación na comunicación en Galicia

A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) presentou en Santiago o número 10 da revista Comunica, que recolle o informe “O estado da innovación na comunicación en Galicia”, un documento que analiza os principais retos e oportunidades do sector nun contexto marcado pola transición dixital e a intelixencia artificial. O estudo foi liderado polo profesor … Ler máis

Publicado o Media Capture Monitoring Report sobre España, con participación de Novos Medios

Xa está dispoñible o informe sobre España do Media Capture Monitoring Report 2025, que analiza o nivel de cumprimento co Regulamento Europeo de Liberdade de Medios no contexto español. Este informe forma parte da serie global de Media Capture Monitoring Reports elaborados polo International Press Institute (IPI) xunto co Media and Journalism Research Center (MJRC) … Ler máis

Miguel Túñez foi recoñecido como investigador do ano no Congreso Internacional da Revista Latina de Comunicación Social

Miguel Túñez López, profesor e investigador do grupo Novos Medios, recibe o premio a investigador do ano no XVII Congreso Internacional da Revista Latina de Comunicación Social, unha das publicacións científicas máis relevantes da área de Comunicación indexada nos primeiros cuartís de Scopus e de JCR. O xurado salienta o seu liderado científico, cunha produción … Ler máis

Ezequiel Soriano incorpórase como investigador asociado ao proxecto ATRAE DataECO, liderado por Emiliano Treré

Ezequiel Soriano incorpórase como investigador asociado no proxecto ATRAE DataECO liderado por Emiliano Treré, dentro da línea de investigación sobre novos algoritmos do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela. Ezequiel combina a investigación nas artes e a experimentación etnográfica para investigar sobre como usuarias e creadoras de contido constrúen mundos a través das súas prácticas mediáticas. Súmase … Ler máis