O proxecto DataEco organiza o seminario ‘Entre algoritmos. Encontros etnográficos na era sintética’ o próximo 4 de marzo

O proxecto DataEco celebra o seu primeiro evento oficial co seminario Entre algoritmos. Encontros etnográficos na era sintética. Impartido polos investigadores Emiliano Treré e Ezequiel Soriano, o encontro exponse como un espazo de reflexión crítica sobre a investigación social de, con e a través de algoritmos. Introduciranse as liñas xerais do proxecto DataEco e exploraranse técnicas e enfoques para estudar a vida social en relación coa intelixencia artificial xenerativa.
O encontro terá lugar o mércores 4 de marzo de 2026, ás 16:00 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A asistencia está aberta a docentes, investigadores, estudantes, profesionais e público xeral sen necesidade de inscrición previa.
Este seminario está realizado grazas á axuda ATRAE financiada por MICIU/AEl/10.13039/501100011033 na Universidade de Santiago de Compostela (Referencia: ATR2024-154984) ao proxecto DataEco, concedido a Emiliano Treré como investigador principal.