Ignacio Lago impartirá unha conferencia sobre inferencia causal o 21 de setembro

O vindeiro 21 de setembro impartirase a conferencia Los efectos indirectos del nacimiento de un nieto en la participación política de los abuelos, que terá lugar na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, ás 12:30 horas.

A sesión contará coa presenza de Ignacio Lago, catedrático de Ciencia Política na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona) e presidente da área científica de Ciencias Sociais da Axencia Estatal de Investigación. Durante a conferencia, presentará os resultados das súas investigacións e abordará diferentes deseños metodolóxicos que responden ao debate actual sobre a inferencia causal.

A asistencia é libre e gratuíta, con inscrición previa a través desta ligazón ou escaneando o código QR da imaxe.