Efervesciencia recibirá o premio Prismas 2026 á divulgación científica en radio

O programa radiofónico Efervesciencia, proxecto da USC, foi recoñecido co Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2026 na categoría de Mellor Traballo en Radio pola peza Calvet en bicicleta, realizada por Manuel Vicente García, César Martínez Pérez, Rosa Pedrido Castiñeiras, Estíbaliz Espinosa Río e Juan José Fernández Gómez. O xurado acordou o recoñecemento “por aproveitar todas as posibilidades dunha experiencia estética sonora integral”.

O espazo, dirixido por Manuel Vicente García e apoiado pola FECYT, conta coa participación de profesores da USC, entre eles Xosé López García, Ángel Carracedo, José Pereira Fariña e Rosa Pedrido Castiñeiras.

Os Premios Prismas, promovidos polos Museos Científicos Coruñeses, distinguen anualmente os mellores traballos de divulgación da cultura científica.

Ditame do xurado