O vindeiro 15 de outubro, ás 13:00 horas, a Universidade de Santiago de Compostela acollerá a conferencia Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emerxencia das IA, impartida por Carlos A. Scolari, catedrático de Teoría e Análise da Comunicación Dixital Interactiva no Departament de Comunicació da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona).
A sesión, organizada polo grupo Novos Medios, terá lugar no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación e ofrecerá unha oportunidade para reflexionar sobre o impacto da IA na sociedade, nos procesos comunicativos e no ecosistema mediático contemporáneo.
Carlos A. Scolari é autor de numerosos libros relacionados coa comunicación dixital e acaba de publicar Homo Mediaticus. Una historia de la humanidad: del “hashtag” neandertal al iPod (Ariel), unha proposta que revisa a historia da humanidade desde a perspectiva da evolución dos medios e das tecnoloxías da comunicación.
As persoas interesadas en asistir deberán completar previamente o formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.
