Ángel Vizoso, Marta Rodríguez Castro e Sara Pérez Seijo, novos profesores permanentes laborais do Departamento de Ciencias da Comunicación

Ángel Vizoso, Sara Pérez Seijo e Marta Rodríguez Castro veñen de conseguir prazas de profesorado permanente laboral no Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, tralos concursos celebrados os días 12 e 13 de novembro.

Ángel Vizoso e Sara Pérez Seijo, da área de Xornalismo, contan cunha traxectoria investigadora de gran relevancia no estudo dos medios nativos dixitais. O profesor Ángel Vizoso está especializado na visualización da información e na desinformación, mentres que a profesora Sara Pérez Seijo é experta en narrativas inmersivas, ética e intelixencia artificial.

Marta Rodríguez Castro, da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, está especializada no estudo dos medios de comunicación de servizo público, aplicando un enfoque orientado ao valor público.

Estes tres investigadores forman parte do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información
Ángel Vizoso: https://investigacion.usc.gal/investigadores/258025/detalle
Sara Pérez Seijo: https://investigacion.usc.gal/investigadores/258002/publicaciones
Marta Rodríguez Castro: https://investigacion.usc.gal/investigadores/258007/publicaciones