Álvaro López incorpórase a Novos Medios cun contrato Juan de la Cierva

O investigador Álvaro López Martín incorpórase ao grupo Novos Medios grazas a unha axuda Juan da Cierva, correspondente á convocatoria de 2024 e financiada pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O proxecto para realizar, titorizado polo catedrático Xosé López García, poñerá o foco sobre os trazos da construción e difusión da desinformación política no contexto internacional, adoptando unha óptica comparativa entre os principais países.

López Martín é doutor en Educación e Comunicación Social pola Universidade de Málaga. É autor de máis de 50 traballos científicos repartidos entre artigos e capítulos de libro, ao que se suman máis de 60 comunicacións presentadas en congresos internacionais. As súas liñas de investigación céntranse en desinformación, rutinas profesionais, xornalismo especializado ou xornalismo dixital, entre outras cuestións.

Más información (Google Scholar)