O grupo de investigación Novos Medios recibe a visita de Carlos Arcila Calderón, catedrático da Universidade de Salamanca (USAL) e membro do Observatorio dos Contidos Audiovisuais (OCA).
O profesor Arcila Calderón, especialista en metodoloxías dixitais aplicadas á investigación en Comunicación, compartirá as súas achegas no seminario Técnicas de xestión de grandes cantidades de datos para a investigación en comunicación, no que abordará estratexias, ferramentas e enfoques para a análise de datos a grande escala no ámbito dos estudos comunicativos.
O encontro terá lugar o vindeiro luns 25 de maio de 2026, ás 12:30 horas, na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e está aberta a docentes, investigadores, estudantes e profesionais da comunicación a través desta ligazón ou do QR que aparece na imaxe.
