Xornalismo aumentado, unha nova ollada á IA nas redaccións con Carl-Gustav Lindén

O grupo Novos Medios organiza un encontro co investigador Carl-Gustav Lindén arredor do concepto de xornalismo aumentado, unha nova perspectiva para comprender e debater o papel da intelixencia artificial no xornalismo contemporáneo. O seminario celebrarase o 30 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de … Ler máis

A xornada de traballo ‘Debates actuais do xornalismo dixital’ terá lugar o día 10 de outubro

O grupo Novos Medios organiza o venres 10 de outubro unha xornada de traballo titulada Debates actuais do xornalismo dixital. Aproximación conceptual ao que entendemos hoxe por medio xornalístico. Trala entrada en vigor do Regulamento que estabelece un marco común para os servizos de medios de comunicación na Unión Europea, xunto cunha definición de medio, … Ler máis

‘Bots, Trols y PSM’: un nuevo volumen que analiza el impacto de la IA en los medios públicos

A intelixencia artificial (IA) está a transformar o funcionamento e a misión democrática dos medios de servizo público. Neste contexto publícase Bots, Trols y PSM: Cómo la IA está cambiando la comunicación de servicio público, editado por Comunicación Social Ediciones y Publicaciones. O volume, coordinado polos investigadores do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago … Ler máis

Premiado o libro ‘Algorithms of Resistance’ de Treré e Bonini

O libro Algorithms of Resistance: The Everyday Fight Against Platform Power, de Emiliano Treré e Tiziano Bonini, publicado por MIT Press, vén de recibir unha mención de honra da Association of Internet Researchers (AoIR). O comité destacou que é “unha contribución innovadora e oportuna” que achega novas perspectivas sobre como as persoas repartidoras negocian e … Ler máis

Emiliano Treré incorpórase a Novos Medios cunha bolsa ATRAE

O investigador Emiliano Treré, figura destacada no ámbito do activismo dixital e a resistencia algorítmica a nivel internacional, incorpórase ao grupo Novos Medios grazas a unha bolsa do programa ATRAE, financiada pola Agencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e dotada cun millón de euros. Treré, que estivo en recoñecidas universidades … Ler máis

‘De nativos a integrados’, novo libro sobre xornalismo dixital coordinado desde Novos Medios

A monografía final do proxecto de investigación Medios nativos dixitais en España: tipoloxías, estratexias, competencias e sostibilidade xornalísticas (DIGINATIVEMEDIA 2022-2025) xa está publicada e en breve estará distribuída en puntos de venda. O volume, titulado De nativos a integrados. Treinta años de transformación digital de los medios en España e coordinado polos investigadores de Novos … Ler máis

Cuadernos.info dedica un monográfico no ano 2026 a intelixencia artificial e desinformación editado desde Novos Medios

A revista Cuadernos.info ven de abrir a chamada para o monográfico que, en maio de 2026, publicará sobre “Inteligencia artificial y automatización comunicativa: desinformación, sesgos y disputas epistémicas”, que ten como editores invitados a Moisés Limia Fernández e Xosé López, de Novos Medios. Os interesados poden enviar orixinais ata o 1 de novembro de 2025. … Ler máis

Eva Campos impartirá unha conferencia sobre a esfera pública posmediática o 23 de xullo

O vindeiro 23 de xullo impartirase a conferencia Esfera pública posmediática y participación ciudadana: enfoques y caminos metodológicos, que terá lugar na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, ás 12 horas. A sesión contará coa presenza de Eva Campos, profesora titular da Universidad Complutense de Madrid e investigadora do grupo Mediaflows. … Ler máis

Investigadores do grupo Novos Medios participan na conferencia anual da ICA en Denver

Os investigadores do grupo Novos Medios César Fieiras-Ceide e Sara Pérez-Seijo participaron nun panel organizado pola Sociedad Española de Periodística (SEP) no marco da 75th Annual ICA Conference, celebrada en Denver (Colorado, Estados Unidos). O evento reuniu durante cinco días a arredor de 3.000 investigadores en comunicación procedentes de todo o mundo. César Fieiras-Ceide presentou … Ler máis

Novos Medios acolle unha nova conferencia impartida polas profesoras María José Pérez e Miriam Rodríguez sobre a xestión, contidos e monetización nos medios

O grupo Novos Medios organiza a conferencia titulada Gestión, contenidos y monetización en los medios en contextos de incertidumbre. Esta actividade será impartida polas profesoras María José Pérez Serrano y Miriam Rodríguez Pallares da Universidad Complutense de Madrid. A xuntanza terá lugar o luns 30 de xuño ás 11:30 horas na Sala de Doutoramento da … Ler máis