Os investigadores do grupo Novos Medios César Fieiras-Ceide e Sara Pérez-Seijo participaron nun panel organizado pola Sociedad Española de Periodística (SEP) no marco da 75th Annual ICA Conference, celebrada en Denver (Colorado, Estados Unidos). O evento reuniu durante cinco días a arredor de 3.000 investigadores en comunicación procedentes de todo o mundo.
César Fieiras-Ceide presentou a comunicación titulada Content is no longer king: User experience and AI as a differentiating value of the changing media model, un estudo que analiza as principais tendencias en innovación de experiencia de usuario en máis de 20 medios de comunicación.
Pola súa parte, Sara Pérez-Seijo expuxo o traballo Redefining the role of (digital) journalism: Editorial independence, audiences, and the community paradigm, un traballo que analiza a conceptualización actual do xornalismo dixital desde a perspectiva dos medios e da academia.
