Novos Medios acolle unha nova conferencia impartida polas profesoras María José Pérez e Miriam Rodríguez sobre a xestión, contidos e monetización nos medios

O grupo Novos Medios organiza a conferencia titulada Gestión, contenidos y monetización en los medios en contextos de incertidumbre. Esta actividade será impartida polas profesoras María José Pérez Serrano y Miriam Rodríguez Pallares da Universidad Complutense de Madrid.

A xuntanza terá lugar o luns 30 de xuño ás 11:30 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. A entrada é libre e gratuíta, pero deberá cubrirse previamente o formulario de inscrición.

Ligazón ao formulario de inscrición