Emiliano Treré incorpórase a Novos Medios cunha bolsa ATRAE

O investigador Emiliano Treré, figura destacada no ámbito do activismo dixital e a resistencia algorítmica a nivel internacional, incorpórase ao grupo Novos Medios grazas a unha bolsa do programa ATRAE, financiada pola Agencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e dotada cun millón de euros. Treré, que estivo en recoñecidas universidades europeas e americanas nas dúas últimas décadas, liderará a liña de investigación sobre novos algoritmos de Novos Medios. O seu proxecto DataECO, con sede na Facultade de Ciencias da Comunicación e no IDEGA, abordará cuestións de urxencia global como as relacións entre tecnoloxías dixitais, activismo, ecoloxías mediáticas, turismo masivo e retos ambientais.

Máis información: emilianotrere.com / Google Scholar