Concha Pérez Curiel e Charo Lacalle analizaron o futuro da carreira investigadora ante os novos retos tecnolóxicos

O grupo Novos Medios organizou dúas sesións dentro do marco das Xornadas Interdepartamentais de Formación do PDI que se sumaron aos tres seminarios organizados polo Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo. Concha Pérez Curiel, profesora na Universidade de Sevilla, visitou o 8 de maio a Facultade de Comunicación para compartir cos asistentes os … Ler máis

Concha Pérez Curiel e Charo Lacalle abordarán os debates na comunicación en tempos de IA

A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá os Foros sobre debates na comunicación en tempos de IA. O mércores 8 de maio, ás 17 horas, no Seminario 3, Concha Pérez Curiel, profesora de Periodismo da Universidad de Sevilla impartirá o seminario Políticas de comunicación en tempos de IA. A segunda sesión dos foros celebrarase o … Ler máis

Montserrat Rigall, xornalista de RTVE experta en Mobile Journalism, impartirá un curso sobre a creación de noticias con dispositivos móbiles

A xornalista dos Servizos Informativos de RTVE Montserrat Rigall, experta en xornalismo móbil (mobile journalism –MoJo–, en inglés), e especialista en intelixencia artificial, impartirá un curso na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Nestas xornadas afondará na creación de noticias con dispositivos … Ler máis

O efecto e incidencia da nova Lei de Intelixencia Artificial sobre os medios abordarase nun webinar en liña coorganizado polo proxecto Valcomm

A repercusión e impacto da nova Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea sobre os medios de comunicación ocupará un webinar en liña que se celebrará o vindeiro 14 de marzo entre as 16:00 e 17:45 horas, e que contará coa participación de expertos na materia e profesionais do sector. A inscrición é totalmente gratuíta … Ler máis

Novos Medios continuará participando no observatorio Iberifier con financiamento da Comisión Europea ata 2026

O observatorio Iberifier, coordinado pola Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, atópase integrado por máis de 70 investigadores e xornalistas dunha vintena de organizacións. Dende o seu nacemento, o observatorio publicou máis de 4500 fact-checks e 70 publicacións científicas, impulsou decenas de actividades formativas e investigou o fenómeno e as tendencias da desinformación. O … Ler máis

Novos Medios promove o seminario online “A Comunicación na era da Intelixencia Artificial”

O grupo de investigación Novos Medios, no programa de iniciativas de divulgación e transferencia de coñecemento, organiza un seminario online titulado A Comunicación na era da Intelixencia Artificial, que se celebrará o día 2 de febreiro de 12 a 14 horas. A actividade, que coordina a catedrática de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela … Ler máis

O libro Blurring Boundaries of Journalism in Digital Media ofrece unha achega ao xornalismo contemporáneo de 42 investigadores internacionais

O libro Blurring Boundaries of Journalism in Digital Media: New Actors, Models and Practices publicouse recentemente na súa edición online coa editorial Springer Nature. A obra foi editada polos investigadores de Novos Medios María-Cruz Negreira-Rey, Jorge Vázquez-Herrero, José Sixto-García e Xosé López-García e nela procúrase unha aproximación ás fronteiras difusas que definen o xornalismo contemporáneo … Ler máis

Publicada unha recensión do libro ‘Total Journalism’, de Novos Medios, na revista Journalism & Mass Communication Quarterly

O profesor Maxwell Foxman, da Universidade de Oregón, vén de publicar unha reseña na centenaria e prestixiosa revista Journalism & Mass Communication Quarterly, que edita a AEJMC co profesor Gregory P. Perrault a cargo das recensións. O artigo destaca a aportación ao campo xornalístico do libro Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, publicado por Springer Nature e … Ler máis

As propostas máis exitosas de innovación na televisión pública de Europa protagonizan o libro ‘Innovar en innovación televisiva’ da Cátedra RTVE-USC

Máis de 30 investigadoras e investigadores pertencentes a 14 universidades do contexto español participan no libro Innovar en innovación televisiva, no que se analizan dez casos de innovación exitosos que marcan a liña de actuación dos medios de servizo público en Europa para construír e renovar a súa versión futura. O manuscrito, que forma parte … Ler máis

Un artigo do proxecto Valcomm, premiado polo European Journal of Communication

O European Journal of Communication vén de recoñecer co premio ao Artigo do Ano 2022 o traballo “Distilling the value of public service media: Towards a tenable conceptualisation in the European framework”, firmado por Azahara Cañedo, Marta Rodríguez Castro e Ana María López Cepeda. A investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro, xunto coas compañeiras … Ler máis