Publicada unha recensión do libro ‘Total Journalism’, de Novos Medios, na revista Journalism & Mass Communication Quarterly

O profesor Maxwell Foxman, da Universidade de Oregón, vén de publicar unha reseña na centenaria e prestixiosa revista Journalism & Mass Communication Quarterly, que edita a AEJMC co profesor Gregory P. Perrault a cargo das recensións. O artigo destaca a aportación ao campo xornalístico do libro Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, publicado por Springer Nature e editado polos investigadores de Novos Medios Jorge Vázquez Herrero, Alba Silva Rodríguez, María Cruz Negreira Rey, Carlos Toural Bran e Xosé López García.

Foxman, co-director do Esports and Games Research (EGR) Lab, explica que o contido das aportacións recollidas no volume promovido por Novos Medios aporta evidencia de como o contexto do xornalismo e a súa contorna enmarcan as súas prácticas, as técnicas que aplican os seus profesionais e o seu potencial.

Foxman, M. (2023). Book Review: Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, by Jorge Vázquez-Herrero, Alba Silva-Rodríguez, María-Cruz Negreira-Rey, Carlos Toural-Bran, and Xosé López-García (Eds.). Journalism & Mass Communication Quarterly100(1), 222-224. https://doi.org/10.1177/10776990221143505