Suzana Barbosa analizará en Compostela as tendencias da comunicación na sociedade plataformizada

La profesora Suzana Oliveira Barbosa, del Departamento de Comunicación de la Universidad Federal da Bahía (Brasil), analizará en Santiago, en el marco de una actividad de formación y transferencia organizada por el grupo Novos Medios, las características de la plataformización de la comunicación. Suzana Barbosa, coordinadora del Grupo de Pesquisa em Jornalismo On-Line (GJOL), pronunciará … Ler máis

Carmen Marta falará o día 16 de outubro en Santiago sobre a era TRIC

Carmen Marta Lazo, catedrática de Xornalismo da Universidade de Zaragoza, participará o día 16 de outubro nun seminario de transferencia e formación, organizado polo grupo de investigación Novos Medios, para explicar a importancia do factor R-elacional e Educomunicación na era TRIC. Para Carmen Marta, na década actual, a diferenza da era TIC (Tecnologías da Información … Ler máis

O proxecto VALCOMM recibe o Premio Roblón ao Mellor Proxecto de Investigación de Comunicación do Ano

O proxecto Medios audiovisuais públicos ante o ecosistema das plataformas: modelos de xestión e avaliación do valor público de referencia para España (VALCOMM) recibiu o ‘Premio Roblón ao Proxecto de Investigación de Comunicación do Ano’ concedido pola Revista Latina de Comunicación Social (RLCS) en virtude da súa rigorosidade e contribución á Academia e á sociedade no seu … Ler máis

Pérez Tornero defende en Santiago a necesidade de intensificar as accións de Educomunicación en tempos de desinformación

O catedrático de Xornalismo e experto en televisión educativa José Manuel Pérez Tornero, da Universidade Autónoma de Barcelona, defendeu en Santiago, no marco dunha xornada de divulgación e transferencia do coñecemento organizada polo grupo de investigación Novos Medios (USC), que nestes tempos de desinformación faise máis urxente actuar no campo da Educomunicación. Pérez Tornero destacou … Ler máis

A Revista Latina de Comunicación Social acolle o monográfico “Comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas”, coordinado por José Sixto-García

José Sixto-García, investigador de Novos Medios, xunto coa profesora Ana Melo Duarte, da Universidade do Minho (Portugal), e Pablo Escandón-Montenegro, da Universidade Andina Simón Bolívar (Ecuador), coordinan un monográfico sobre comunicación da transparencia informativa e da rendición de contas na Revista Latina de Comunicación Social (Q1 de SJR-Scopus). A chamada de artigos está aberta ata … Ler máis

Berta García Orosa, nova catedrática de Xornalismo

A profesora Berta García Orosa ven de gañar unha praza de catedrática no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. García Orosa, licenciada en Ciencias da Comunicación e Ciencias Políticas e da Administración, forma parte do grupo Novos Medios e coordina o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia. Cunha longa … Ler máis

Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto, novos profesores titulares de Xornalismo

Os profesores Alba Silva, Jorge Vázquez e José Sixto veñen de conseguir prazas de titular da área de Xornalismo nos concursos celebrados na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela os días 19 e 20 de xullo. Estes tres investigadores, cunha intensa e brillante traxectoria no campo do xornalismo dixital, forman parte do … Ler máis

Xosé López e Cruz Negreira son editores convidados dun monográfico sobre intelixencia artificial e comunicación na revista Trípodos

O catedrático Xosé López, coordinador de Novos Medios, e a doutora Cruz Negreira, investigadora do grupo, son os editores convidados do monográfico “Artificial intelligence and communication. Opportunities and challenges” na revista española Trípodos. A chamada de artigos estará aberta ata o 30 de novembro de 2023 e o número publicarase no primeiro semestre do 2024. … Ler máis

Sara Pérez Seijo, premio Lorenzo Gomis 2023 pola súa tese doutoral

Sara Pérez Seijo, profesora de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do grupo Novos Medios, foi distinguida co VII Premio Lorenzo Gomis á mellor tese doutoral que outorga a Sociedad Española de Periodística (SEP). Recibiu este recoñecemento pola súa tese titulada “Xornalismo inmersivo con vídeo 360 … Ler máis

Conferencia sobre xornalismo local e IA no CITIUS

O CITIUS organiza unha conferencia sobre o papel da Intelixencia Artificial no xornalismo local o 6 de xullo de 2023. A relatora, Roxana Portugal, é investigadora da Universidade de Múnich con máis de 15 anos de experiencia na industria e na universidade. A súa presentación describirá o traballo que se está a realizar no Departamento … Ler máis