Xosé López e Cruz Negreira son editores convidados dun monográfico sobre intelixencia artificial e comunicación na revista Trípodos

O catedrático Xosé López, coordinador de Novos Medios, e a doutora Cruz Negreira, investigadora do grupo, son os editores convidados do monográfico “Artificial intelligence and communication. Opportunities and challenges” na revista española Trípodos. A chamada de artigos estará aberta ata o 30 de novembro de 2023 e o número publicarase no primeiro semestre do 2024.

O monográfico procura investigacións sobre o impacto da intelixencia artifical no sector da comunicación cun sentido amplo (xornalismo, fact-checking, comunicación corporativa, publicidade, marketing, audiovisual).

A revista Trípodos está indexada en Scopus (Q2 Communication, 2022), publica en ‘online first’ e en inglés.

Máis información