Carmen Marta Lazo, catedrática de Xornalismo da Universidade de Zaragoza, participará o día 16 de outubro nun seminario de transferencia e formación, organizado polo grupo de investigación Novos Medios, para explicar a importancia do factor R-elacional e Educomunicación na era TRIC. Para Carmen Marta, na década actual, a diferenza da era TIC (Tecnologías da Información e a Comunicación), o foco trasladouse aos usuarios desas tecnoloxías e as relacións que establecen entre os propios grupos de usuarios e o entorno tecnolóxico.
Carmen Marta, investigadora principal do grupo de investigación GICID, é experta en alfabetización mediática e ten publicados varios libros, tanto individualmente como en coautoría, sobre educación mediática e competencias dixitais.