O grupo Novos Medios organizou dúas sesións dentro do marco das Xornadas Interdepartamentais de Formación do PDI que se sumaron aos tres seminarios organizados polo Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da UVigo.
Concha Pérez Curiel, profesora na Universidade de Sevilla, visitou o 8 de maio a Facultade de Comunicación para compartir cos asistentes os avances das súas investigación. Baixo o título Políticas de comunicación en tempos de IA, Pérez Curiel avanzou as liñas nas que está traballando o seu grupo en materia de comunicación política, desinformación, redes sociais e os retos que propón a Intelixencia Artificial na comunicación. Durante un debate aberto, os asistentes e a profesora compartiron a súa visión de futuro sobre estes temas.
O 14 de maio, a catedrática da Universitat Autònoma de Barcelon Charo Lacalle impartiu o seminario Perfís de investigadores solventes en tempos de IA. Durante o seminario, a investigadora compartiu cos asistentes a súa experiencia académica e ofreceu unha guía sobre a acreditación dos distintos perfís laborais dentro do ámbito universitario. Mediante a interacción cos participantes e a exposición de casos particulares, Lacalle enriqueceu a discusión coa súa visión especializada.