Ángel Vizoso, Marta Rodríguez Castro e Sara Pérez Seijo, novos profesores permanentes laborais do Departamento de Ciencias da Comunicación

Ángel Vizoso, Sara Pérez Seijo e Marta Rodríguez Castro veñen de conseguir prazas de profesorado permanente laboral no Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, tralos concursos celebrados os días 12 e 13 de novembro. Ángel Vizoso e Sara Pérez Seijo, da área de Xornalismo, contan cunha traxectoria investigadora de gran relevancia no estudo dos … Ler máis

Álvaro López incorpórase a Novos Medios cun contrato Juan de la Cierva

O investigador Álvaro López Martín incorpórase ao grupo Novos Medios grazas a unha axuda Juan da Cierva, correspondente á convocatoria de 2024 e financiada pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O proxecto para realizar, titorizado polo catedrático Xosé López García, poñerá o foco sobre os trazos da construción e … Ler máis

Manuel Gago, premio de divulgación científica para novas audiencias da USC

Manuel Gago Mariño e Elena Vázquez Abal veñen de ser recoñecidos no marco da primeira edición dos premios á divulgación científica da Universidade de Santiago de Compostela. Elena Vázquez impúxose na modalidade dirixida a poñer en valor a traxectoria divulgadora, en tanto que Manuel Gago gañou na categoría que recoñece proxectos ou iniciativas que empregan … Ler máis

Fabiana Piccinin presentará as liñas de investigación sobre narrativas e plataformas do GENAJOR-UFSC

O grupo Novos Medios recibe a visita da investigadora Fabiana Piccinin, Bolsista Produtividade (CNPQ) da Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil) e integrante do Grupo de Estudos sobre Narrativas Audiovisuais Jornalísticas (GENAJOR). A profesora Piccinin compartirá as súas reflexións nun seminario sobre os enfoques contemporáneos na investigación das narrativas xornalísticas e as transformacións que introducen … Ler máis

Xornalismo aumentado, unha nova ollada á IA nas redaccións con Carl-Gustav Lindén

O grupo Novos Medios organiza un encontro co investigador Carl-Gustav Lindén arredor do concepto de xornalismo aumentado, unha nova perspectiva para comprender e debater o papel da intelixencia artificial no xornalismo contemporáneo. O seminario celebrarase o 30 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de … Ler máis

A xornada de traballo ‘Debates actuais do xornalismo dixital’ terá lugar o día 10 de outubro

O grupo Novos Medios organiza o venres 10 de outubro unha xornada de traballo titulada Debates actuais do xornalismo dixital. Aproximación conceptual ao que entendemos hoxe por medio xornalístico. Trala entrada en vigor do Regulamento que estabelece un marco común para os servizos de medios de comunicación na Unión Europea, xunto cunha definición de medio, … Ler máis

‘Bots, Trols y PSM’: un nuevo volumen que analiza el impacto de la IA en los medios públicos

A intelixencia artificial (IA) está a transformar o funcionamento e a misión democrática dos medios de servizo público. Neste contexto publícase Bots, Trols y PSM: Cómo la IA está cambiando la comunicación de servicio público, editado por Comunicación Social Ediciones y Publicaciones. O volume, coordinado polos investigadores do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago … Ler máis

Premiado o libro ‘Algorithms of Resistance’ de Treré e Bonini

O libro Algorithms of Resistance: The Everyday Fight Against Platform Power, de Emiliano Treré e Tiziano Bonini, publicado por MIT Press, vén de recibir unha mención de honra da Association of Internet Researchers (AoIR). O comité destacou que é “unha contribución innovadora e oportuna” que achega novas perspectivas sobre como as persoas repartidoras negocian e … Ler máis

Emiliano Treré incorpórase a Novos Medios cunha bolsa ATRAE

O investigador Emiliano Treré, figura destacada no ámbito do activismo dixital e a resistencia algorítmica a nivel internacional, incorpórase ao grupo Novos Medios grazas a unha bolsa do programa ATRAE, financiada pola Agencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e dotada cun millón de euros. Treré, que estivo en recoñecidas universidades … Ler máis

‘De nativos a integrados’, novo libro sobre xornalismo dixital coordinado desde Novos Medios

A monografía final do proxecto de investigación Medios nativos dixitais en España: tipoloxías, estratexias, competencias e sostibilidade xornalísticas (DIGINATIVEMEDIA 2022-2025) xa está publicada e en breve estará distribuída en puntos de venda. O volume, titulado De nativos a integrados. Treinta años de transformación digital de los medios en España e coordinado polos investigadores de Novos … Ler máis