Transparencia, verosimilitude e autenticidade…na comunicación contemporánea

Un novo curso organizado polo Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC  profundizará nestes e outros principios fundamentais da comunicación mediática contemporánea Transparencia, verosimilitude e autenticidade na televisión, o cinema, a publicidade, a fotografía e a comunicación institucional. Sobre estas cuestións falarán os profesionais e docentes convidados a participar … Ler máis

As eleccións municipais xeneran novas experiencias comunicativas

O Grupo Zeta ven de presentar videoyvoto.tv, unha experiencia multimedia que ofrece información sobre as eleccións municipais e autonómicas en formato vídeo O usuario pode escoller, entre unha lista de diferentes profesionais do Grupo Zeta, ao seu presentador persoal, que a través de un vídeo daralle unha visión profesional do estado das eleccións. Por outra … Ler máis

Intercambio de coñecementos con Francis Pisani

Pisani, un dos grandes referentes do xornalismo especializado en Internet e novas tecnoloxías, reuniuse cos membros do Grupo de Investigación Novos Medios. O futuro dos medios condicionado polo avance dos novos formatos xornalísticos é unha das principais liñas de traballo do xornalista. Na xuntanza Pisani debateu cos membros de Novos Medios sobre o futuro da … Ler máis

Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación

Do 27 ao 30 de xuño de 2007 Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no “Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación” que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas. A organización considera que os mozos … Ler máis

Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias

Ler máis

Populrs.com: Galería de contidos

Tanto para os xornalistas como para calquer usuario que bote man con asiduidade dos contidos que diariamente os cibernautas suben á web, tanto os agregadores de rss como os contedores e arquivadores de materias tórnanse fundamentais. Youtube, Flickr, Del.icio.us…son só unha pequena mostra das webs que almacenan cantidade de material útil para os usuarios. Populrs.com … Ler máis

Xornalismo Económico: Vellos e novos desafíos

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Navarra organiza os días 15 e 16 de Novembro de 2007 a XXII Edición do Congreso Internacional de Comunicación, que leva por título ‘Periodismo económico: Vellos e novos desafíos’. O Congreso centrarase nas luces e sombras do xornalismo económico, e nos desafíos que ten ante si … Ler máis

Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise

Do 4 de Maio ó 29 de Xuño na Universidade de Santiago de Compostela A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise. Dirixido a profesionais da comunicación o obradoiro ten como obxectivo aportarlles aos participantes os coñecementos e as ferramentas … Ler máis