Protocolo e Relacións Institucionais na USC

¿Como organizar un evento? ¿Como dirixirnos ás diversas institucións coas que tratamos? ¿Como atender os nosos públicos? O intanxible impera nunha sociedade na que a imaxe vale máis que mil palabras. O Máster en Protocolo e Relacións Institucionais da USC, que celebra este ano a súa terceira edición, pretende satisfacer esta demanda formativa, moi útil non só no ámbito institucional, senón tamén nos sectores empresariais.

O programa do curso abranguerá o Protocolo Oficial, Protocolo Internacional, Protocolo Empresarial, Protocolo Académico, Protocolo Social, etc, que impartirán especialistas de recoñecida competencia en cada un destes ámbitos. O período de Preinscrición comeza o 04 de Xuño e rematará o 10 de Setembro deste ano. A data de inicio do curso está prevista para o 21 de Setembro de 2007.

Podedes baixarvos o programa, prezos e prazos, pinchando aquí.

 

Deixa un comentario