Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias
Transparencia, verosimilitude e autenticidade…na comunicación contemporánea
Un novo curso organizado polo Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC profundizará nestes e outros principios fundamentais da comunicación mediática contemporánea Transparencia, verosimilitude e autenticidade na televisión, o cinema, a publicidade, a fotografía e a comunicación institucional. Sobre estas cuestións falarán os profesionais e docentes convidados a participar … Read more