Un día de traballo na edición dixital de La Voz de Galicia

Co gallo da celebración do 10º anirversario do seu nacemento, lavozdegalicia.es produce un especial que fai un percorrido polos seus dez anos de vida onde recolle os acontecementos máis destacados de cada ano, a evolución do deseño, datos de audiencias así como a aparición das redes sociais e a súa incorporación ao deseño do xornal. … Ler máis

Na busca de valor engadido no xornalismo: unha mirada ás redes sociais

A información deste texto relativa ao The New York Times e as opinións de Jennifer Preston están tiradas de dúas entrevistas publicadas en elpais.com e 233grados.com á social media editor do xornal norteamericano Jennifer Preston é a editora de medios sociais do xornal The New York Times. Logo dunha longa traxectoria como xornalista no xornal … Ler máis

ProPublica, primeiro medio exclusivamente online que recibe un Premio Pulitzer

A web ProPublica recibe un Premio Pulitzer por unha reportaxe de investigación sobre o furacán Katrina que fora co-publicado con The New York Magazine o 30 de agosto do ano 2009. ProPublica, organización sen ánimo de lucro que publica información a través da rede, convértese no primeiro medio exclusivamente online que recibe un Premio Pulitzer.

Posibilidades da realidade aumentada nos mapas, por Blaise Agüera y Arcas

Blaise Agüera y Arcas traballa na arquitectura de mapas para Microsoft en Bing Maps. Neste vídeo amosa algunhas das posibilidades que ofrece a realidade aumentada a través dos mapas. É interesante ter en conta estas novas ferramentas á hora de contar historias e redimensionar os discursos narrativos dos cibermedios en determinados casos onde, por exemplo, … Ler máis

Cadernos para ilustrara a vida: Urban Sketchers

Gabriel Campanario (Barcelona, 1969), xornalista e ilustrador que desenvolve o seu traballo no xornal dos EUA The Seattle Times, é o ideólogo de Urban Sketchers, un blog común onde máis de cen artistas colaboran coas súas ilustracións para dar unha nova visión da realidade. Gabriel comezou a traballar para The Seattle Times como infografista e … Ler máis

A integración xornalística, entre o modelo xornalístico e a necesidade económica

A integración xornalística responde a un modelo xornalístico ou a unha necesidade económica? Con esta cuestión abriu Nacho Escolar a mesa sobre integración xornalística programada para a tarde deste primeiro día de congreso. Ao seren preguntados, Roitberg afirmou que respondía a ámbalas dúas finalidades, se ben concretou que a integración responde, sen dúbida, a unha … Ler máis

“Os medios electrónicos salvarán ao papel”, Ramón Lobo

Estamos xa rematando a primeira xornada do XI Congreso de Periodismo Digital, organizado pola Asociación de Prensa de Aragón, que se celebra en Huesca. Esta é, sen dúbida, unha das datas sinaladas no calendario do ámbito da comunicación en España xa que son moitos os profesionais que nel participan trazando as liñas estruturais básicas da … Ler máis