I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet: o libro

GAGO MARIÑO, M; MOURIÑO CABALEIRO, C. (eds.), I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet. Consello da Cultura Galega, Consellaría de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Consellaría de Cultura e Deporte – Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, 2007. 52 páx.

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet é unha publicación que explora a situación actual da Internet en Galicia e as posibilidades que ten a cultura galega -a creación, o desfrute, a industria, a distribución- actualmente na rede, así como explora os planos dos sectores culturais galegos na Internet dos inmediatos vindeiros dous ou tres anos. Neste pequeno libriño de 52 páxinas en formato arrevistado colaboraron un bo número de autores e autoras, e pódense escoitar un gran número de voces máis. No deseño editorial quixemos empregar diferentes formatos narrativos: desde os artigos de reflexión ata estudos de caso, reportaxes, entrevistas e antoloxías de creación cultural na rede. A publicación está editada por Cristina Mouriño e por Manuel Gago.

Cómpre destacar o notábel traballo de dirección de arte do deseñador de Aguiño (Ribeira) afincado en Barcelona Marcos Varela, que apostou por un deseño baseado nas publicacións underground e nos fanzines.

Trátase dunha publicación conmemorativa, co gallo da coincidencia do Día de Internet e do Día das Letras Galegas no 17 de maio, e destinada a profesionais do mundo da cultura e público en xeral.

Descarga en PDF:
I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet

Consultar índice no interior do post

Ler máis

Experiencia Índigo, un interesantísimo experimento de xornalismo multimedia ‘offline’

Portadas das publicacións da aplicación offline de Índigo. Reporte Índigo -e o seu suplemento Piensa Índigo-, son as dúas cabeceira da Experiencia Índigo. Unha curiosísima proposta mexicana de xornalismo multimedia distribuído a través de Internet, pero dispoñible en paquetes de aplicación. É dicir, descargas ao teu ordenador número a número (13 megas), e cárgase un … Ler máis

V Convención de Periodistas de España

Lugo acolle dende mañá venres a V Convención de Periodistas de España. A reunión, convocada polo Foro de Organizacións de Xornalistas, desenvolverase baixo o título “Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista” e tratará a necesidade da profesionalidade e mediación do periodista no exercicio do xornalismo. Esta convención, que se celebrará por primeira … Ler máis

Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación

Do 27 ao 30 de xuño de 2007 Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no “Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación” que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas. A organización considera que os mozos … Ler máis

O Eyetrack 07 confirma a inversión dos tempos de lectura en pantalla e en papel

Desde o importante estudo de Jakob Nielsen, existía a realidade, máis ou menos aceptada, de que a lectura en pantalla era máis lenta e dificultosa que no papel. O profesor Ignacio Armentia, a finais dos 90, realizou unha experiencia similar con alumnos da Universidade do País Basco, atopando resultados que confirmaban a lentitude da lectura … Ler máis

Curso de contidos interactivos para DVB: MHP

Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias

Ler máis

Populrs.com: Galería de contidos

Tanto para os xornalistas como para calquer usuario que bote man con asiduidade dos contidos que diariamente os cibernautas suben á web, tanto os agregadores de rss como os contedores e arquivadores de materias tórnanse fundamentais. Youtube, Flickr, Del.icio.us…son só unha pequena mostra das webs que almacenan cantidade de material útil para os usuarios. Populrs.com … Ler máis

Xornalismo Económico: Vellos e novos desafíos

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Navarra organiza os días 15 e 16 de Novembro de 2007 a XXII Edición do Congreso Internacional de Comunicación, que leva por título ‘Periodismo económico: Vellos e novos desafíos’. O Congreso centrarase nas luces e sombras do xornalismo económico, e nos desafíos que ten ante si … Ler máis

As TIC e as universidades españolas

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) presentou hoxe o informe “As TIC no Sistema Universitario Español (2006): Unha Análise Estratéxica”. Nel establécese a situación das TIC nas universidades españolas e propóñense proxectos de impulso. A pesar de encontrarse a un bo nivel, neste informe proponse incrementar a difusión dos resultados de investigación a … Ler máis