O ComLoc 2007 discutirá o papel da televisión dixital no panorama comunicativo na fin da era analóxica

29 e 30 de novembro, Universitat Jaume I de Castellón

No ano 2002, o Congreso de Comunicación Local (ComLoc 2002) xa tratara o papel dos medios audiovisuais no ámbito local e este ano, coa fin da era analóxica máis preto e baixo o título “La televisión digital ante el fin de la era analógica”, retormarase o debate sobre o seu protagonismo no ámbito social e económico e o seu psicionamento no panorama comunicativo.

Durante o ComLoc 2007 discutiranse temas coma a publicidade e financiación das TV dixitais locais, a programación e os seus contidos, os modelos de negocio que adoptan, os grupos de televisión e alianzas no campo da TDT e os modos de migración da TV analóxica á dixital e sistemas alternativos.

Os que queiran participar cunha comunicación, deberán enviar os resumos antes do día 31 de outubro á dirección de correo comloc@uji.es. As comunicacións aceptadas deberán enviarse á mesma dirección e-mail no formato requerido (ver aquí) antes do día 15 de novembro.

Deixa un comentario