Transparencia, verosimilitude e autenticidade…na comunicación contemporánea

Un novo curso organizado polo Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC  profundizará nestes e outros principios fundamentais da comunicación mediática contemporánea Transparencia, verosimilitude e autenticidade na televisión, o cinema, a publicidade, a fotografía e a comunicación institucional. Sobre estas cuestións falarán os profesionais e docentes convidados a participar … Leer más

Trends in newsrooms 2007: coopera cos teus competidores e busca lectores nos medios sociais

Acabo de ler o novo e excelente Trends in newsrooms 2007, o informe anual editado polo World Editors Forum e editado por John Burke, que é o coordinador do selecto blog sobre industria de medios Editors Weblog. O propio informe é unha selección de datos e informes procedentes de máis de 100 fontes que serven … Leer más

As eleccións municipais xeneran novas experiencias comunicativas

O Grupo Zeta ven de presentar videoyvoto.tv, unha experiencia multimedia que ofrece información sobre as eleccións municipais e autonómicas en formato vídeo O usuario pode escoller, entre unha lista de diferentes profesionais do Grupo Zeta, ao seu presentador persoal, que a través de un vídeo daralle unha visión profesional do estado das eleccións. Por outra … Leer más

Intercambio de coñecementos con Francis Pisani

Pisani, un dos grandes referentes do xornalismo especializado en Internet e novas tecnoloxías, reuniuse cos membros do Grupo de Investigación Novos Medios. O futuro dos medios condicionado polo avance dos novos formatos xornalísticos é unha das principais liñas de traballo do xornalista. Na xuntanza Pisani debateu cos membros de Novos Medios sobre o futuro da … Leer más

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet: o libro

GAGO MARIÑO, M; MOURIÑO CABALEIRO, C. (eds.), I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet. Consello da Cultura Galega, Consellaría de Innovación e Industria – Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Consellaría de Cultura e Deporte – Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, 2007. 52 páx.

I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet é unha publicación que explora a situación actual da Internet en Galicia e as posibilidades que ten a cultura galega -a creación, o desfrute, a industria, a distribución- actualmente na rede, así como explora os planos dos sectores culturais galegos na Internet dos inmediatos vindeiros dous ou tres anos. Neste pequeno libriño de 52 páxinas en formato arrevistado colaboraron un bo número de autores e autoras, e pódense escoitar un gran número de voces máis. No deseño editorial quixemos empregar diferentes formatos narrativos: desde os artigos de reflexión ata estudos de caso, reportaxes, entrevistas e antoloxías de creación cultural na rede. A publicación está editada por Cristina Mouriño e por Manuel Gago.

Cómpre destacar o notábel traballo de dirección de arte do deseñador de Aguiño (Ribeira) afincado en Barcelona Marcos Varela, que apostou por un deseño baseado nas publicacións underground e nos fanzines.

Trátase dunha publicación conmemorativa, co gallo da coincidencia do Día de Internet e do Día das Letras Galegas no 17 de maio, e destinada a profesionais do mundo da cultura e público en xeral.

Descarga en PDF:
I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet

Consultar índice no interior do post

Leer más

Experiencia Índigo, un interesantísimo experimento de xornalismo multimedia ‘offline’

Portadas das publicacións da aplicación offline de Índigo. Reporte Índigo -e o seu suplemento Piensa Índigo-, son as dúas cabeceira da Experiencia Índigo. Unha curiosísima proposta mexicana de xornalismo multimedia distribuído a través de Internet, pero dispoñible en paquetes de aplicación. É dicir, descargas ao teu ordenador número a número (13 megas), e cárgase un … Leer más

V Convención de Periodistas de España

Lugo acolle dende mañá venres a V Convención de Periodistas de España. A reunión, convocada polo Foro de Organizacións de Xornalistas, desenvolverase baixo o título «Vellos e novos medios: a mediación necesaria do xornalista» e tratará a necesidade da profesionalidade e mediación do periodista no exercicio do xornalismo. Esta convención, que se celebrará por primeira … Leer más

Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación

Do 27 ao 30 de xuño de 2007 Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no «Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación» que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma. Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas. A organización considera que os mozos … Leer más

O Eyetrack 07 confirma a inversión dos tempos de lectura en pantalla e en papel

Desde o importante estudo de Jakob Nielsen, existía a realidade, máis ou menos aceptada, de que a lectura en pantalla era máis lenta e dificultosa que no papel. O profesor Ignacio Armentia, a finais dos 90, realizou unha experiencia similar con alumnos da Universidade do País Basco, atopando resultados que confirmaban a lentitude da lectura … Leer más