La jornada de trabajo ‘Debates actuales del periodismo digital’ tendrá lugar el día 10 de octubre

El grupo Novos Medios organiza el viernes 10 de octubre una jornada de trabajo titulada Debates actuales del periodismo digital. Aproximación conceptual a lo que entendemos hoy por medio periodístico. Tras la entrada en vigor del Reglamento que establece un marco común para los servicios de medios de comunicación en la Unión Europea, junto con … Leer más

Investigadores do grupo Novos Medios participan na conferencia anual da ICA en Denver

Os investigadores do grupo Novos Medios César Fieiras-Ceide e Sara Pérez-Seijo participaron nun panel organizado pola Sociedad Española de Periodística (SEP) no marco da 75th Annual ICA Conference, celebrada en Denver (Colorado, Estados Unidos). O evento reuniu durante cinco días a arredor de 3.000 investigadores en comunicación procedentes de todo o mundo. César Fieiras-Ceide presentou … Leer más

Investigadores de Galicia e Portugal salientan o valor da proximidade no Cumio Ibérico de Xornalismo Local

Os días 20 e 21 de xaneiro celebrouse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o Cumio Ibérico de Xornalismo Local. Este encontro, organizado por Novos Medios en colaboración co proxecto MediaTrust.Lab – Local Media Lab for Civic Trust and Literacy do profesor Pedro Jerónimo da Universidade da Beira Interior (Portugal), serviu para examinar a … Leer más

Cumio Ibérico de Xornalismo Local, os días 20 e 21 de xaneiro en Ciencias da Comunicación

O grupo Novos Medios organiza os días 20 e 21 de xaneiro un Cumio Ibérico de Xornalismo Local en colaboración co MediaTrust.Lab – Local Media Lab for Civic Trust and Literacy e o profesor Pedro Jerónimo, da Universidade da Beira Interior en Portugal. A coordinación deste encontro de traballo está a cargo do profesor e integrante … Leer más

Novos Medios destaca o papel transformador da linguaxe inclusiva no xornalismo, no IV Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo

José Casás, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do grupo Novos Medios, subliñou a importancia da linguaxe inclusiva no xornalismo durante a súa intervención no IV Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo (ApS) na Universidade, celebrado este 18 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación e … Leer más

A accesibilidade á información, protagonista do encontro entre o Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (UFBA) e o Grupo Novos Medios

Nas xornadas do 4 e o 5 de xullo, tivo lugar un encontro entre investigadoras e investigadores do Grupo de Pesquisa em Jornalismo Online (GJOL)  da Universidade Federal da Bahia e unha representación do Grupo Novos Medios. As xornadas xiraron arredor da idea da accesibilidade aos medios de comunicación e á información, formando parte das … Leer más

“A lusofonía por vir”, a debate na USC

A Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM), o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e o Grupo Novos Medios (GNM) organizan en Santiago de Compostela unha mesa redonda na que, baixo o título “A lusofonía por vir”, intervirán Xosé Ramón Pousa (Universidade de Santiago), Víctor Freixanes (Real Academia Galega), Margarita Ledo Andión (Universidade … Leer más

Días 26 y 27: Congreso virtual sobre los valores  y tendencias de los medios audiovisuales públicos

Profesores e investigadores de diez Universidades españolas debatirán el martes y miércoles de la próxima semana, los días 26 y 27, a través de la plataforma virtual Teams sobre los valores y tendencias actuales de los medios audiovisuales de comunicación públicos. Se trata de la tercera edición del Workshop sobre “Nuevos valores y tendencias de … Leer más

A Conferencia anual de ECREA en Braga posponse ao 2021

A European Communication Research and Education Association (ECREA) publicou a convocatoria para participar na 8ª Conferencia Europea da Comunicación, organizada xunto ao Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade da Universidade do Minho. Terá lugar no 2021 na cidade de Braga (Portugal). A conferencia leva por tema ‘Comunicación e confianza: construíndo futuros seguros, sustentables e prometedores’. … Leer más