A Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEPICC-España) organiza a 1ª Xornada Nacional de Doctorandos ULEPICC-España titulada “Problemas metodolóxicos da Comunicación” que terá lugar en Madrid o vindeiro 8 de febreiro de 2008.
O obxectivo desta sesión será o de crear un espazo de discusión colectiva sobre os novos desafíos que deben afrontar os investigadores dende unha perspectiva crítica.
A xornada está dirixida a todos aqueles investigadores que se atopen na fase de elaboración da súa tese de doutoramento e nela se analizarán colectivamente os traballos en curso que nela se presenten.
A data límite para o envío de comunicacións é o 11 de novembro.
Para máis informaciónc consultar a web das xornadas.