O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.
Formación
As posibilidades das autoedición e autoproducción de programas en radio
A Universidade Internacinal Menéndez Pelayo organiza o obradoiro orientado cara as novas tecnoloxías radiofónicas O curso de Cración Radiofónica, deseñado en foramato de obradoiros impartidos por varios docentes, está orientado a exercitar os aspectos técnicos e metodolóxicos da autoedición e autoprodución de programas. A finalidade é traballar entorno a programas alternativos aos propios da radio … Ler máis
A evolución dos sistemas políticos e mediáticos europeos, obxecto de debate nun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Dende o ano 1982, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolve na nosa Comunidade Autónoma diversas actividades, seminarios e obradoiros, especialmente nos meses de xullo, setembro e outubro. Este ano, do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’.
Chile acolle o primeiro máster internacional en Comunicación Dixital en América Latina
Seis expertos estranxeiros e máis de dez académicos nacionais participarán na primeira edicón do Máster Internacional en Comunicación e Xornalismo Dixital. O curso de formación, organizado pola Facultade de Comunicación e Deseño da Universidad Maior e o Observatorio de Comunicacións Dixitais (OCD) é o primeiro destas características que se organiza nunha Universidade de América Latina. … Ler máis
Protocolo e Relacións Institucionais na USC
¿Como organizar un evento? ¿Como dirixirnos ás diversas institucións coas que tratamos? ¿Como atender os nosos públicos? O intanxible impera nunha sociedade na que a imaxe vale máis que mil palabras. O Máster en Protocolo e Relacións Institucionais da USC, que celebra este ano a súa terceira edición, pretende satisfacer esta demanda formativa, moi útil non só no ámbito institucional, senón tamén nos sectores empresariais.
Posibilidades e alternativas da comunicación interactiva surxidas co novo escenario tecnolóxico da televisión
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o curso de verán “Televisión dixital terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia” A propósito das novas alternativas da comunicación interactiva no curso falarase de propiedade intelectual, creación de contidos, hipermedia e converxencia dixital. O obradoiro pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos … Ler máis
O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca un obradoiro de curtas
Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga serán os encargados de impartir o curso, que se celebrará do 7 ata o 11 de maio. “Como se fai unha curtametraxe” é o título do obradoiro que o Consorcio Audiovisual de Galicia organiza do 7 ao 11 de maio na Sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia en Santiago … Ler máis
Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise
Do 4 de Maio ó 29 de Xuño na Universidade de Santiago de Compostela A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise. Dirixido a profesionais da comunicación o obradoiro ten como obxectivo aportarlles aos participantes os coñecementos e as ferramentas … Ler máis